FEDERACIÓN DE AA.VV. DE LUGO “LUCUS AUGUSTI”
A Federación de Asociación de Veciños de Lugo “Lucus Augusti”, é un órgano que representa a máis de 20.000 socios agrupados nas case 300 Asociacións de Veciños federadas de toda a Provincia de Lugo, tratase da Federación veciñal mais importante de Galicia.
Os fins que persigue a Federación de AA.VV. de Lugo “ Lucus Augusti” que nace ó 29 de setembro do ano 1.992, son o estudo e resolución dos problemas común das asociación de Veciños/as federadas, dando solución ós problemas dos veciños tanto na vida social como particular, no medio rural e no urbano.
Oferta unha axuda global, promoción e desenrolo de todo o relacionado có movemento veciñal en tódolos ámbitos. Durante o ano, apoiamos as iniciativas, actividades tanto lúdicas coma culturais das nosas asociacións federadas, presta servizos de asesoramento, xestión e administración totalmente gratuíta, xa que nin sequera se paga cota anual por estar federadas.
A Federación de AA.VV. de Lugo “Lucus Augusti” desempeña un papel fundamental nos diversos aspectos da actividade social, contribuíndo ao exercicio activo dos dereitos da cidadanía representando os intereses dos cidadáns ante os poderes públicos e desenvolvendo unha función esencial e imprescindible, en aspectos moi diversos, como as políticas de desenvolvemento, medio ambiente, promoción dos dereitos humanos, mocidade, saúde pública, cultura, creación de emprego e outras de características similares, e a tal obxecto contempla una serie de medidas para facilitar o desenrolo das asociacións.
Podendo resumir que noso obxectivo primordial desta entidade é de dinamizar o movemento veciñal na Provincia de Lugo, por ser este un dos principais eixes de desenvolvemento e vertebración da provincia.
Organización e contacto
Para unha maior organización operativa designamos coordinadores, devindo a provincia de Lugo en zoas xeográficas, isto non quere dicir que os veciños e veciñas, ou directivos e directivas das distintas asociacións, non poidan dirixirse directamente á sede social da Federación. Este reparto só quere dicir, que a modo operativo, e en certas circunstancias, e mais doado que a Federación se comunique coas asociacións a través dos colaboradores que se asignaron a estas zonas.
- Zona da Mariña, Manuel Rodríguez Maseda Asociación de veciños Barrio de Forxán (Foz).
- Zona da Terra Chá: Gonzalo Rodríguez Ferreiro Asociación Veciños “ Xente de Xustás” (Cospeito).
- Zona de Sarria e Terras de Lemos: Amador López López ASOCIACIÓN VECIÑAL Penedos do zorro de S. Miguel de Vilapedre (Sarria).
A Federación AA.VV. de Lugo “Lucus Augusti” con CIF G 27 158 575, ten a súa sede na Rúa Luís Ameijide nº 10 entrechán C, o presidente é Jesús Vázquez Varela con DNI 33819298Y, dita sede é propiedade da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa.